ASOBAL confirma que Teucro e Cangas estarán o martes no sorteo da competición

Pontevedra
06 de agosto 2015

Os clubs galegos tiñan de prazo ata o mediodía deste xoves para entregar a documentación e avais requiridos por Asobal, despois de que o Consello Superior de Deportes apoiase hai uns días a súa continuidade na máxima categoría

Banco do Teucro durante o partido ante o Barcelona B Diego Torrado

Sociedad Deportiva Teucro e Balonmán Cangas tiñan de prazo ata as 12:00 horas deste xoves para presentar a documentación e avais requiridos por Asobal para participar na competición, e ambos os dous cumpriron.

A Liga Asobal confirmou que os clubs galegos estarán no sorteo do próximo martes 11 de agosto.

Cúmprese así coa resolución adpotada polo Consello Superior de Deportes hai uns días, apoiando a continuidade de Teucro e Cangas na máxima categoría na contra do criterio de Asobal.

O sorteo do calendario da competición celebrarase ás 12:00 horas do martes na sede de Asobal, en Sant Joan Despí (Barcelona), incluíndo no bombo aos 14 equipos que lograron a permanencia a pasada campaña máis os dous recén ascendidos, Teucro e Go Fit Sinfín.