Catro xogadoras abandonan o Arxil despois dunha longa traxectoria nas diferentes categorías do conxunto verde. Belén Paz, Laura Rodríguez, Sabela Valdés e Lara Durán dan por finalizado o seu ciclo no equipo pontevedrés para continuar coa súa formación universitaria lonxe da Boa Vila, salvo Durán que inicia unha andaina en novo club.
Belén Paz e Laura Rodríguez deixan o club con dous subcampeonatos autonómicos e un grato recordo na entidade polo seu compromiso e traballo en cada sesión de adestramento.
Sabela Valdés estudará en Vigo pero ao non poder comprometerse a manter o ritmo de adestramentos decidiu aparcar temporalmente a súa carreira nas pistas pero seguirá ligada ao Arxil como delegada e monitora.
Un caso distinto é o de Lara Durán que, despois de dez anos no club, pon punto e final á súa relación co Arxil, co que logrou un ascenso a Primeira División para iniciar unha nova aventura con outro escudo.