Cando 'correr salva vidas' en Pontevedra

Pontevedra
02 de xullo 2017

Multitudinaria estrea da carreira Ponlle Freo en Pontevedra, proba popular pola seguridade viaria incluída no Circuíto de Carreiras Populares en substitución da PonteNoite 5+5

Carreira Popular 'Ponle Freno' en Pontevedra
Carreira Popular 'Ponle Freno' en Pontevedra / Diego Torrado

Multitudinaria estrea da carreira Ponle Freno en Pontevedra, proba popular incluída no Circuíto de Carreiras Populares en substitución da PonteNoite 5+5.

Centos de pontevedreses involucráronse na carreira, que por primeira vez forma parte da iniciativa pola seguridade viaria promovida polo grupo Atresmedia, baixo o lema "non te pares, hoxe correr salva vidas".

As rúas do centro urbano enchéronse de corredores nunha proba que contou con personaxes coñecidos como Manu Sánchez, xornalista de Antena 3, ou o exatleta Martín Fiz.

A actividade iniciouse coas carreiras de menores para despois pasar á proba absoluta, ás 21:30 horas, coa opción de completar 5 ou 10 quilómetros de percorrido, estando esta última incluída no Circuíto de Carreiras Populares.

Na proba de 5.000 metros o vencedor en categoría masculina foi Víctor Riobó (17:09) ao superar no sprint final a Álvaro Prieto (17:10), e na feminina Teresa Suárez (22:54). 

Pola súa banda nos 10.000 metros o máis rápido foi Amadeo Abal (33:23) na categoría masculina, por diante de Elías Domínguez (33:53) e Rubén Pereira (34:11) na categoría masculina, mentres na feminina a gañadora foi Leticia Fernández (39:04), con Mari Ángeles Castro en segunda posición (43:29) e María del Pilar López na terceira (43:45).

Consulta aquí as clasificacións completas da Carreira Popular Ponle Freno de Pontevedra.

Tras esta cita, o Circuíto de Carreiras Populares terá o seu seguinte parada o próximo 25 de xullo coa Carreira do Santiaguiño.