O Club Cisne Balonmán atou a unha das grandes perlas da súa canteira, toda unha realidade xa no primeiro equipo no que foi determinante para lograr o ascenso á Liga Asobal.
Carlos Álvarez seguirá un ano máis no equipo co obxectivo de seguir crecendo desde casa na máxima categoría.
O extremo dereito, un dos xogadores clave para que o Cisne lograse o título nacional xuvenil a pasada campaña, vén de proclamarse recentemente campión de Europa coa Selección Española Júnior.
"Estou seguro que vai ser un ano moi bonito e que con toda a familia cisneísta e os tolos do Cisne seguro que conseguiremos os obxectivos", sinalou tras confirmarse a súa renovación.
RENOVACIÓN | Aquí va una de las renovaciones + esperadas, la del extremo derecho @caaarlosalvarez, que hace unos días se proclamó con los #HispanosJunior Campeón de Europa
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 21, 2022
¡Felices de que sigas vistiendo la camiseta cisneísta Carlos! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/D9m6NIi4jo
Coa súa continuidade o novo proxecto do Cisne con Javier Márquez no banco segue perfilándose con 12 pezas xa aseguradas, ao sumarse Carlos Álvarez aos tamén renovados Rubén Sequeiros, Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, aos fichados Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga.