Os atletas da Sociedad Gimnástica volveron subir ao podio no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana en Lugo.
Santi Ferrer volveu reeditar o título que xa conseguiu o ano pasado, no heptatlon masculino con 4.893 puntos, quedando o seu compañeiro Alex Solla en cuarto lugar con 4.282 puntos, a tan só 50 puntos da medalla de bronce.
Na categoría júnior masculino, Darío Costas dominou tamén esa mesma disciplina. Impúxose en cada unha das sete probas, sumando 4.774 puntos e levándose o ouro.
En canto ás rapazas, Sandra Carballo, a pesar de realizar unha gran puntuación con 3.221 puntos, tívose que conformar coa segunda praza no pentatlon feminino.
Por último, María Jiménez foi a última medalla para a Gimnástica. Foi bronce no pentatlón en categoría cadete con 2.145 puntos.