O céspede de Pasarón, afectado por un fungo

Pontevedra
29 de agosto 2025

Os operarios encargados do céspede afanábanse este venres nos últimos retoques antes do debut ligueiro, unha cita na que o terreo estará "un pouco irregular", recoñeceu Rubén Domínguez

O céspede de Pasarón, afectado por un fungo PontevedraViva

Contratempo antes do inicio de liga para o Pontevedra Club de Fútbol relacionado co terreo de xogo do Estadio Municipal de Pasarón.

Nos últimos días o céspede do coliseo pontevedrés viuse afectado por un fungo.

Así se podía comprobar este venres a primeira ollada mentres os operarios encargados do seu mantemento afanábanse en dar os últimos retoques ao verde a 24 horas da estrea ligueira contra o Cacereño.

O problema aflorou nas dúas últimas semanas, tras o amigable disputado contra o Arenteiro.

O tratamento para acabar co fungo xa se iniciou.

O céspede de Pasarón, afectado por un fungoPontevedraViva

Espérase de feito que o céspede mellore nun curto espazo de tempo.

Con todo para o primeiro partido de liga "parace que está un pouco irregular", recoñeceu na rolda de prensa previa ao choque o adestrador granate, Rubén Domínguez.

En todo caso "non podemos polo de escusa porque creo que o Cacereño tamén vai xogar no mesmo céspede", resolveu o técnico a preguntas dos xornalistas.