Chegar aos 1.000 socios, obxectivo do Teucro nunha campaña de abonados que mantén os prezos

Pontevedra
08 de agosto 2014

O club azul confía en aumentar en polo menos 250 o seu números de socios. A pasada campaña o Teucro foi o segundo equipo de División de Honra Prata con maior asistencia media aos partidos, segundo desvelou o presidente Carlos García-Alén

Aspecto do Municipal durante o Teucro-Granollers de Copa do Rei Diego Torrado

Cos mesmos prezos da pasada tempada pero cunha meta ambiciosa, a Sociedad Deportiva Teucro deu a coñecer a campaña de socios 2014/2015, na que aspiran a superar a cifra dos 1.000 abonados.

O pasado curso o equipo azul, cos seus preto de 750 socios, foi o segundo club da División de Honra Prata en asistencia media aos seus partidos, só superado polo Handbol Bordils.

Agora, na tempada na que o Teucro cumprirá 70 anos de historia, "esperamos recuperar al menos 250 socios", recoñece o presidente Carlos García-Alén,  "no sólo por el aporte económico que supone, también de cara a posibles patrocinadores".

A campaña de socios presentouse este venres no Pavillón Municipal dos Deportes baixo o lema "25.000 días de balonmán, e seguimos. Abónate e fai historia co Teucro".

Os prezos para as diferentes categorías son:

CATEGORÍA PRECIO
Protector 300 ⿬
Familiar 200 ⿬
Senior 110 ⿬
Peñas 100 ⿬
Bonificado 60 ⿬
Estudiante 50 ⿬
Juvenil 30 ⿬
Infantil 15 ⿬

 

Todos os socios que paguen o seu abono antes do 31 de agosto recibirán un desconto do 5%, que se empliará ao 20% se se consegue un novo abonado. Ademais durante a tempada os socios do club gozarán de descontos e promocións nos establecementos dos patrocinadores, unhas vantaxes que se coñecerán no mes de setembro.

Durante agosto o horario de atención ao público nas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, será de 10:00 a 12:00 horas, pero os interesados en retirar o seu carné poderán encargalo por teléfono chamando o 986 85 16 96.