Coa pretempada xa en marcha, o Peixe Galego compatibiliza estes días os adestramentos no pavillón da Raña cos recoñecementos médicos ao primeiro plantel.
Un a un os xogadores foron pasando un control analítico nas últimas horas que se completará nos próximos días con probas de esforzo e diagnóstico baixo a supervisión do doutor Rodrigo Medina.
Trátase dun plan deseñado para reducir posibles lesións ao longo da tempada tras o acordo de colaboración alcanzado co Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
Esta cooperación traducirase ademais nunha atención preferente aos deportistas do primeiro plantel do Peixe Galego e facilitará a recuperación de xogadores lesionados nos equipos das categorías inferiores.