Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil

Pontevedra
09 de xullo 2020

A ala-pívot é a terceira xogadora confirmada no conxunto pontevedrés para a próxima tempada, tras a renovación de Natalia López e a fichaxe de Noelia Masiá

Renonvación de Cristina Díaz-Pache co Arxil Club Baloncesto Arxil

Terceira xogadora confirmada para o novo proxecto deportivo do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2.

Cristina Díaz-Pache pechou a súa renovación co conxunto pontevedrés, co que cumprirá a súa novena tempada consecutiva tras aterrar no club no seu primeiro ano como xogadora sénior.

A ala-pívot foi unha das pezas máis utilizadas o último curso por Mayte Méndez, con 30 minutos de media sobre a pista sumando 9 puntos e 4,5 rebotes por partido.

"Estoy muy contenta de renovar con mi familia pontevedresa", recoñeceu Cristina tras conformarse o acordo nun ano no que a Liga Feminina 2 vén con cambios e no que "no sabemos cómo irá todo pero yo prometo esforzarme y trabajar todo lo que pueda para ayudar al equipo", explicou.

Díaz-Pache únese desta forma a un plantel do Arxil 20/21 na que xa figuraban a renovada Natalia López e a fichada Noelia Masiá.