Terceira renovación no Club Baloncesto Arxil, que dá continuidade ao plantel da pasada tempada.
Trátase de Cristina Díaz-Pache, xogadora que se asentou no primeiro equipo e que cumplirá así a súa oitava campaña no club, ao que chegou no seu primeiro ano sénior.
Díaz-Pache converteuse nunha das xogadoras con peso nas rotacións de Mayte Méndez, con 26 minutos por partido a pasada campaña na Liga Feminina 2 cunhas cifras medias de 8,5 puntos e 3,9 rebotes por partido.
O Arxil aposta pola súa polivalencia, que lle permite actuar tanto como alero como de ala-pívot.
Cristina únese así á lista de xogadoras confirmadas para a próxima tempada xunto a Carla Fernández e María Lago.