Máis protagonismo para a canteira do Arxil no equipo de Liga Feminina 2

Pontevedra
01 de agosto 2018

Ademais das xogadoras que habitualmente alternaban primeiro e segundo equipo, a entidade verde incluirá en adestramentos e partidos a xogadoras do júnior co obxectivo de contar con maior profundidade de banco e ir fogueando ás súas novas promesas

Mayte Méndez, adestradora do Arxil
Mayte Méndez, adestradora do Arxil / Mónica Patxot

A base do Arxil terá protagonismo esta tempada na Liga Feminina 2.

Cunha planificación que inclúe un equipo máis curto na rotación, o club verde mirará cara abaixo para dunha parte foguear ás súas novas promesas na elite e doutra lograr unha maior profundidade de banco e maior calidade nos adestramentos.

É por iso que, ademais das xogadoras que habitualmente viñan alternando primeiro equipo e filial como Aldara Vázquez ou Noa Casalderrey, varias integrantes do equipo júnior realizarán a pretempada ás ordes de  Mayte Méndez e contarán con oportunidades de participar na segunda categoría nacional.

Será o caso das júnior Lara Dran, Mandiara Faye e Arancha, que achegarán  frecura e mocidade ao primeiro plantel. Ademais a idea do Arxil é incorporar en setembro outras tres xogadoras que por estudos estableceranse en Pontevedra e que, aínda que terán ficha no segundo equipo ou no júnior, estarán tamén na órbita do equipo de LF2.

CAMPAÑA DE SOCIOS

O Arxil iniciou unha nova campaña de socios que se dirixe, ademais da os afeccionados do baloncesto, a xogadoras e pais que no paso estiveron no equipo para que apoien ao club nun momento no que necesitan asegurarse recursos económicos.

A campaña conta co lema "Únete á Familia do CB Arxil e goza do mellor baloncesto" e un prezo por carné de 20 euros (socio protector 200 euros e colaborador 400 euros), podendo adherirse a ela na web do club www.arxil.es.