Décimo título de campións de España para a parella formada por Adrián Esperón e Patricia Martínez

Pontevedra
10 de febreiro 2015

A parella formada polos pontevedreses Adrián Esperón e Patricia Martínez seguen facendo historia. Lograron proclamarse de novo campións de España de baile deportivo, na modalidade coñecida como 10 Bailes

Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo Juan José Esperón

A parella formada polos pontevedreses Adrián Esperón e Patricia Martínez seguen facendo historia. Lograron proclamarse de novo campións de España de baile deportivo, na modalidade coñecida como 10 Bailes. Con esta vitoria, os dous bailarins suman xa dez campionatos nacionais.

A proba celebrouse na cidade catalá de L'Hospitalet do Infant (Tarragona). Para lograr o título tiveron que realizar un total de 30 bailes e competiron coas mellores parellas de baile de toda España. Fixérono con cinco coreografías de modalidade estándar e outras cinco de bailes latinos.

En concreto, Adrián Esperón e Patricia Martínez lograron a mellor puntuación de todos os participantes na modalidade estándar e foron segundos nos bailes latinos.

A suma de ambas as dúas puntuacións permitiulles conseguir un triunfo que lles clasifica directamente para o Campionato Mundial de Baile, que se celebrará en China o próximo mes de novembro.