Derrota do Arxil na cancha do Ibaizabal vítima dun mal segundo cuarto (69-66)

Pontevedra
04 de marzo 2017

As verdes cederon remontaron tras o descanso para chegar con opcións ao final do partido, pero terminaron perdendo ante un rival directo pola cuarta praza da Liga Feminina 2

Partido entre Ibaizabal e Arxil
Partido entre Ibaizabal e Arxil

O Club Baloncesto Arxil saíu derrotado este sábado da súa visita á cancha dun rival directo pola cuarta praza da Liga Feminina 2, o GDKO Ibaizabal (69-66).

As pontevedresas acusaron en exceso un mal segundo cuarto, no que só anotaron 9 puntos. Antes iniciaran ben o choque, levando a iniciativa no primeiro parcial (14-17).

As dificultades ofensivas no segundo cuarto, cunha intensa presión por parte do equipo local, fixo que o cadro vasco conseguise unha importante vantaxe ao descanso (34-26).

Tras o intermedio reaccionou o Arxil, con Keita (26 puntos) acertada en ataque e ben escoltada por María Lago, Mallou e Ana Román.

Con todo as de Mayte Méndez non lograban recortar distancias debido ao acerto local, e non foi ata os últimos minutos cando lograron apertar o marcador para chegar ao final con opcións de vitoria. Non foi suficiente e o Ibaizabal fíxose cun valioso triunfo que aperta aínda máis a clasificación ao empatar co Arxil, cun balance de 11-10.

Consulta aquí as estatísticas do GDKO Ibaizabal-Arxil.