Descartada unha lesión grave de Mario Barco, que estará a lo menos catro semanas de baixa

Pontevedra
09 de xaneiro 2017

As probas médicas descartan que sufra rotura no seu nocello, polo que se estima en tres ou catro semanas o período de convalecencia. Nos próximos días realizaráselle unha resonancia magnética para poder concretar os prazos de recuperación

Mario Barco resultou lesionado no partido Pontevedra-Guijuelo en Pasarón Diego Torrado

O Pontevedra deberá sobrepoñerse nas próximas xornadas á ausencia do seu máximo goleador, Mario Barco. O dianteiro, que caeu lesionado no minuto 14 do partido ante o Guijuelo ao realizar un mal apoio, perderase a lo menos entre tres e catro semanas de competición, segundo as primeiras estimacións.

A boa noticia para os granates é que tras ser explorado este luns polos servizos médicos do club, descartouse que sufra algunha rotura no seu nocello.

De todos os xeitos nos próximos días, cando remita a inflamación, Barco será sometido a unha resonancia magnética que permitirá concretar con maior precisión os prazos de recuperación.

Polo momento o 'pichici' do equipo perderase con total seguridade o choque do próximo sábado (18:15 horas) en Navarra ante o Mutilvera.

MIGUEL LOUREIRO, SANCIONADO

Non será Mario Barco a única baixa para Luisito en Mutilva, xa que Miguel Loureiro viu ante o Guijuelo o seu quinto cartón amarelo da tempada, polo que será castigado cun encontro de suspensión.

Neste apartado situouse con 4 amoestacións, a unha da sanción, Kevin Presa, polo que un cartón no próximo encontro de liga supoñeríalle perderse o partido ante o Real Racing en Pasarón.