Diego Gómez xa se adestra cun Pontevedra que explora as súas opcións no final de mercado

Pontevedra
26 de xaneiro 2026
Actualizado: 15:57

A unha semana do peche do mercaro invernal de fichaxes, o club granate conta aínda con dúas fichas sénior dispoñibles e unha necesidade básica por cubrir na dianteira

Diego Gómez no seu primeiro adestramento co Pontevedra Pontevedra CF SAD

Rapaz novo na oficina para o Pontevedra Club de Fútbol, que este luns regresou aos adestramentos despues de dúas xornadas de descanso tras o choque do pasado venres en Mérida.

Ao traballo sumouse xa a última incorporación, por agora, do mercado invernal, como é Diego Gómez.

O extremo, cedido polo Real Club Deportivo tras o seu paso durante a primeira volta do campionato polo Cartagena, foi un máis na chuviosa sesión preparatoria celebrada no Complexo Deportivo Manolo Barreiro da Xunqueira apenas unhas horas antes de que o Concello decretase o peche das instalacións por precaución ante a alerta meterolóxica, ao atoparse en terreos potencialmente inundables.

Diego Gómez, no seu primeiro adestramento co PontevedraPontevedra CF SAD

O primeiro plantel inicia desta forma a súa preparación cara á próxima xornada de liga, que será de novo a domicilio, e que se disputará o vindeiro sábado 31 de xaneiro en Talavera (16.15 horas). Unha cita que prepararán xa do tirón, sen descanso a mediados de semana.

Gómez é o terceiro reforzo do Pontevedra este inverno, pero o club traballa en que non sexa o último.

A unha semana de que se peche oficialmente o período de inscrición de futbolistas (finalizará o 2 de febreiro), a entidade da Boa Vila explora as súas opcións con prazas aínda vacantes aínda no plantel.

En concreto os granates contan aínda con dúas fichas sénior dispoñibles e unha necesidade básica por cubrir na dianteira.

É neste posto no que se centran as principais negociacións e vías abertas, aínda que non se trata da única posibilidade.

Os últimos días do mes de xaneiro afán ser propicios para que xurdan oportunidades de mercado, o que pode provocar outras incorporacións como a dun centrocampista, permitindo cubrir así peza por peza o oco deixado polos homes que causaron baixa no equipo durante o Nadal.

Uns movementos finais en todo caso aos que a situación clasificatoria restaron dramatismo nas últimas semanas. Claro que a opción de consolidarse nos postos de honra convida a soñar e a pensar nun esforzo para poder manter o gran nivel competitivo mostrado polo equipo adestrado por Rubén Domínguez.