Dous meses de baixa para Aléx Fernández

Pontevedra
09 de decembro 2015

As probas ás que foi sometido o centrocampista confirman que sofre unha rotura muscular de 5 centímetros na zona isquiotibial. A estimación do prazo de baixa é de "entre seis y ocho semanas", pero irase con calma para evitar unha recaída 

Álex Fernández con muletas no adestramento en Príncipe Felipe PontevedraViva

Luisito perderá polo menos durante os dous próximos meses un dos futbolistas fixos nas aliñacións titulares, Álex Fernández.

As probas ás que foi sometido este mércores o centrocampista, tras retirarse lesionado ante o Somozas con síntomas procupantes ante a posible gravidade, revelan que sofre unha rotura muscular na zona isquiotibial de cinco centímetros de longo por tres de ancho.

O diagnóstico supón un prazo de baixa de "entre seis y ocho semanas", segundo o propio xogador recoñeceu no campo de adestramento de Príncipe Felipe, onde achegouse a ver aos seus compañeiros aínda axudado de muletas.

A rotura é "importante", explica Álex, polo que deberá ir con precaución para evitar unha posible recaída. Con todo, a sensación era de certo alivio ao non existir unha lesión de xeonllo, aínda que este extremo debe descartarse definitivamente cunha nova proba.

"El traumatólogo me explicó que en el 95% de los casos en una lesión así se rompe el cruzado", comentou a PontevedraViva en relación ao temor inicial.

PABLO, DESCARTADO PARA VALLADOLID

En canto ao resto de xogadores tocados, a sopresa positiva no regreso ao traballo tras a xornada de descanso do martes foi a incorporación ao grupo de Jacobo, aínda que con reservas.

O centrocampista mantense como dúbida para o próximo partido de liga en Valladolid e a súa evolución dependerá de como se atope durante os adestramentos que restan. Pola contra o que si está descartado é Pablo, que se marca como obxectivo volver ao traballo co resto de compañeiros ao comezo da próxima semana.