A segunda fichaxe da Sociedade Deportiva Teucro para a próxima tempada, Edu Moledo, foi presentado este martes no Pavillón Municipal dos Deportes.
O extremo dereito chega ao club azul dende o Academia Octavio e firma por unha tempada co obxectivo de "por lo menos pelear por llegar a la fase de ascenso".
Edu Moledo: "Tengo la ilusión de volver a jugar en Asobal"
O xogador recoñeceu que se decidiu polo equipo pontevedrés porque "me gusta la filosofía de juego de Quique Domínguez", con quen coincidiu na etapa viguesa.
Moledo a pesar de actuar habitualmente no extremo asegurou que pode desempeñar o papel de lateral dereito. Ademais tamén declarou que a súa intención é "seguir mejorando como jugador. Tengo la ilusión de volver a jugar en Asobal".
O próximo xoves o Teucro presentará oficialmente ao gardameta Iago Gómez, que procede do Calvo Xiria de Carballo.