Elena seguirá defendendo a portaría do Poio Pescamar

Poio
27 de maio 2025
Actualizado: 29 de maio

A gardameta, internacional coa Selección Española, defenderá por cuarta tempada consecutiva a portaría da Seca

Elena, no partido entre o Poio Pescamar e Marín Futsal na Seca Cristina Saiz

Confirmada a primeira peza do Poio Pescamar do proxecto deportivo 25-26 do Poio Pescamar, ou máis ben a segunda xa que o seu adestrador Luís López-Tulla conta con contrato en vigor.

O club conserveiro anunciou a renovación dunha futbolista clave nas últimas campañas.

Trátase da gardameta Elena González.

A segoviana logrou desde A Seca consolidarse na Selección Española e que apunta de feito ao primeiro Mundial da historia do fútbol sala feminino.

Na tempada recentemente finalizada Elena disputou 27 partidos de 37 posibles, 24 deles como titular, entre as diferentes competicións, encaixando 48 goles.

Coa súa renovación, afrontará agora o que será o seu cuarto curso consecutivo no equipo vermello, no que aterrou no verán de 2022.