Èlia Gullí Martínez será nova xogadora do Poio Pescamar na próxima campaña.
A xogadora nada en Tarragona no ano 2000 procede do Viaxes Amarelle, onde militou durante tres tempadas con 20 goles no último campionato.
Durante a súa traxectoria destaca que foi considerada mellor xogadora catalá do curso 2021/2022. Pasou seis tempadas no Futsal Pax, tres no FS Cervera Segarra ata dar o salto a Galicia.
Co Amarelle lograba o ascenso a Primeira División durante a súa primeira tempada.
Èlia Gullí, que ocupa o posto de á, é unha habitual da Selección Catalá desde as categorías inferiores. Foi campioa de España coa sub-20 e a sub-21.
Tamén pasou polas categorías sub-17, a sub-18 e a sub-21 da Selección Española.
Coa sub-18 logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Mocidade de Buenos Aires no ano 2018.
Esta incorporación súmase ás de Ale de Paz e Candela Soria, xa confirmadas polo Poio Pescamar.