O regatista pontevedrés Fernando Echávarri será recoñecido o próximo 2 de setembro co Premio Nacional de Vela, nunha gala que se celebrará en Baiona coincidindo co 32º Trofeo Príncipe de Asturias.
Echávarri recibirá xunto á súa compañeira na clase Nacra 17, a canaria Tara Pacheco, o galardón ao Mellor Equipo Olímpico, recoñecendo a súa gran traxectoria nos últimos meses.
Tras quedar a só un paso de entrar na Medal Race nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, Echávarri e Pacheco deron un importante paso á fronte nas súas prestacións no inicio do novo ciclo, logrando medallas de ouro na Copa do Mundo de Hyères, en la final de Santander ou no prestixioso Trofeo Princesa Sofía de vela. Ademais recentemente proclamáronse subcampións de Europa nesta modalidade.
Aos seus 44 anos Fernando Echávarri, campión olímpico da clase Tornado en Pequín, aspira a manterse na elite polo menos ata os próximos Xogos, os de Tokyo 2020.
Os Premios Nacionais de Vela serán organizados un ano máis polo Monte Real Club de Iates de Baiona.