Unha fin de semana de ciclocrós... E de taekwondo

Pontevedra
04 de novembro 2024
Actualizado: 12:59

Máis de 1.500 deportistas e adestradores participaron no Pavillón Municipal dos Deportes no XXVI Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra, organizado polo Mace-Sport

Campeonato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra

Non só o ciclocrós foi protagonista da fin de semana deportivo en Pontevedra.

O taekwondo reivindicouse tamén cunha vibrante ponte festiva no Pavillón Municipal dos Deportes.

Un total 1.536 deportistas e adestradores de 72 clubs de España e Portugal participaron ao longo de tres xornadas no XXVI Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra, organizado polo Mace-Sport.

No municipal porntevedrés instaláronse 10 pistas de competición, deixando imaxes espectaculares.

O Cidade de Pontevedra arrincou o venres 1 de novembro coas modalidades de exhibición e freestyle, para seguir despois coa modalidade de combate en categoría absoluta e máster.

Pola súa banda o sábado día 2 competiron as categorías júnior e precadete masculina e e infantil feminina, e o domingo disputouse a competición cadete de combate.

Ademais dos propios deportistas participaron no evento 60 árbitros.

A competición outorgaba puntos para o ranking nacional de combate e para o ranking galegos de combate e técnica.