Unha fin de semana "espectacular" para o Galaico na Copa de España Masculina de 2ªDivisión

Pontevedra
01 de decembro 2025

O equipo pontevedrés finalizou no terceiro posto da fase territorial disputada en Lugo, confirmando a progresión dos seus nadadores con varias marcas persoais e marcas de club

Equipo do Galaico na Copa de España de Clubs de Segunda División CN Galaico

Satisfacción no Club Natación Galaico polos resultados conseguidos polos seus nadaores na fase territorial da Copa de España de Segunda División, celebrada durante a fin de semana en Lugo.

A entidade pontevedresa acudía á cita co seu equipo absoluto masculino, e logrou unha meritoria terceira posición confirmando a súa progresión (as últimas tempadas pelexaba no quinto lugar) cun resultado que cualifica de "espectacular".

O CN Portamiña de Lugo foi o campión da xornada con 1.408,50 puntos, seguido do CN Pabellón Ourense (1.252,50) e do CN Galaico (1.155 puntos).

Desde o club pontevedrés destacan o rendemento de varios dos seus nadadores, como o infantil Lois Chan (infantil) ou de Iker Pérez e Xabier Aguiar tamén ao bater varios récords do Galaico.

En concreto Lois Chan logrou dúas mellores marcas galegas (MMG) de 14 anos, nos 200 libre (1:57.51) e os 200 estilos (2:14.36).

Pola súa banda Xabi Aguilar rebaixou tres marcas de club (200 costas, 100 e 200 bolboreta) e Iker Pérez logrouno no 50 libre.

Tamén fixou un novo récord do Galaico a remuda 4x50 composto por Olivier Rocha, Daniel Sánchez, Xabier Aguilar e Iker Pérez.

Tras esta cita o Club Natación Galaico empeza a mirar xa cara á Copa de España de Primeira División, que organizará en Rías do Sur do 19 ao 21 de decembro coa participación do seu equipo absoluto feminino.