Foron horas de moitos nervios e xestións, pero finalmente terminaron con final feliz.
Saleta Castro recuperou o seu material, bicicleta incluída, e poderá competir con plenas garantías este fin de semana en Maastricht (Holanda), onde buscará a clasificación para o Campionato do Mundo Ironman de Hawaii.
A compañía aérea Vueling extraviara a bicicleta da pontevedresa na súa viaxe desde Galicia ata a localidade holandesa, con escala en Barcelona.
Esta foi localizada en Marrocos, grazas ao esforzo da propia Saleta e á presión exercida por redes sociais e medios de comunicación.
A pesar de que nun primeiro momento Vueling pretendía remitir a equipaxe perdida ao seu domicilio en Pontevedra, finalmente cambiou a dirección de destino a Amsterdam, onde foi recollida por un amigo.
LA SORPRESA DEL DIA!!Mi bicicleta ya en camino un buen amigo la traerá esta noche desde el aeropuerto. @vueling pic.twitter.com/wmnMuybsHx
— Saleta Castro (@Saletacastro) 27 de julio de 2016
Agora Saleta Castro pode concentrarse xa no estritamente deportivo e en lograr un soño que leva perseguindo varios anos con insistencia, poder competr na meca do Ironman, en Kona (Hawaii), o próximo mes de outubro.