A tempada nacional de bádminton está aínda lonxe de comezar, pero o Club Bádminton Ravachol levou xa a primeira alegría do curso grazas á súa representante británica, Georgina Bland.
A xogadora, que renovou co club pontevedrés para afrontar o segundo proxecto da entidade na División de Honra, regresou á competición no seu país disputando un torneo 'Senior Gold', a máxima categoría inglesa, na localidade de Milton Keynes.
Na cita Bland non cedeu nin un só set levándose o triunfo de xeito incontestable na categoría individual feminina.
Antes de volver a España para centrarse na competición liguera co Ravachol, a xogadora británica afrontará un novo obxectivo no campionato de Inglaterra que se celebrará os días 21 e 22 de agosto.
Subcampiona en 2018 e 2019, Georgina Bland buscará o seu primeiro título nacional para comezar con forza a tempada.