Os Premios do Deporte Galego 2014 xa contan con gañadores para as súas 17 categorías, despois da reunión que o xurado protagonizou este martes no Concello de Vilagarcía de Arousa.
O xurado, presidido polo Secretario Xeral para o Deporte, analizou as propostas remitidas por diferentes entidades deportivas e organismos para distinguir as persoas e clubs que destacaron o pasado ano na contribución do deporte galego, decidindo que Javier Gómez Noya sexa quen reciba un ano máis o premio a mellor deportista masculino polos seus destacados resultados deportivos.
Asímismo a ourensana Vanesa Sotelo (fútbol sala) foi distinguida como mellor deportista feminina.
No apartado de equipos os irmáns arousáns Carlos e Antón Paz (vela) recibirán o premio a mellor equipo masculino nunha Gala do Deporte Galego que se celebrará o próximo 9 de abril Auditorio Municipal de Vilagarcía.
A lista completa de galardoados nos Premios do Deporte Galego que outorga a Xunta de Galicia é:
- Mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya (tríatlon).
- Mellor deportista feminina: Vanesa Sotelo (fútbol sala).
- Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal (parataekwondo).
- Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez (paratríatlon).
- Mellor equipo masculino: Carlos Paz e Antón Paz (vela).
- Mellor equipo feminino: Alejandra Suárez e Helena Pérez (vela).
- Mellor equipo con deportistas con discapacidade: Club Baloncesto AMFIV (baloncesto en cadeira).
- Mellor entidade na promoción do deporte base: Club Carmelitas Vedruna.
- Mellor adestrador: Ferenc Szabo (halterofilia).
- Mellor árbitro: Alberto Rodríguez (balonmán).
- Mellor evento deportivo: O Marisquiño.
- Mellor labor informativo: Javier Ferreiro.
- Deportista revelación: Ex aequo, Andrea Ferreiro (hóckey) e Jaime de Haz (remo).
- Patrocinio deportivo: Conservas Frinsa.
- Premios 'Galicia Saudable': Circuíto Ribeira Sacra (carreiras populares), Fundación Maria José Jove e CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.