Grande arranque de Fernando Echávarri e Tara Pacheco na Copa do Mundo de Hyeres

Pontevedra
27 de abril 2017

Despois de dúas xornadas de competición en augas francesas, o regatista pontevedres e a súa compañeira na clase Nacra 17 de vela ocupan o segundo posto na clasificación xeral a só catro puntos do liderado

Fernando Echávarri e Tara Pacheco na Copa do Mundo de Hyères Jesús Renedo / Sailing Energy / World Sailing

Comezaron moi ben as cousas para Fernando Echávarri e Tara Pacheco na segunda proba da Copa do Mundo de Vela, que se disputa estes días na localidade francesa de Hyères.

O regatista pontevedrés e a súa compañeira no Nacra 17 ocupan a segunda posición na clasificación xeral da súa categoría despois de dúas xornadas de competición, a só catro puntos dos líderes, os franceses Moana Vaireaux e Manon Audinet.

No primeiro día a tripulación española finalizou terceiro tras conseguir dous podios parciais (terceiros postos) e unha quinta posición.

Ese último resultado converteuse no seu descarte despois da segunda xornada, e é que sen apenas vento Echávarri e Pacheco mostraron estar en plena forma logrando unha vitoria parcial e dous cuartos postos para ascender un posto na xeral despois de seis regatas disputadas.

A competición na Copa do Mundo de Hyères prolongarase ata o vindeiro domingo 30 de abril.