Aires de cambio no Club Baloncesto Arxil tras o seu descenso á Liga Feminina 2.
A entidade pontevedresa reestruturará profundamente o seu proxecto deportivo, no que por agora só continúan dúas xogadoras como Cristina Díaz-Pache e Margarita Moreira.
Unha das saídas máis soadas é a de Heather Forster, e é que a norteamericana marcha do Arxil como unha das xogadoras estranxeiras que máis partidos defendeu a camiseta verde en toda a súa historia.
A pívot, que xogará a próxima campaña no Bosonit Unibasket rioxano en LF Challenge, vaise con seis campañas co Arxil ás súas costas, as mesmas que no seu día chegou a acumular a chilena Tatiana Gómez Keshler.
Desde a súa chegada á Boa Vila en 2009, disputou até 155 partidos de liga entre LF2 e o último ano en LF Challenge, cunha impresionante media de 10 puntos, 8,7 rebotes e 13,6 de valoración tendo en conta todos os seus encontros.
"Heather implicouse de cheo no día a día do club, e ademais de xogar no primeiro equipo encargábase de adestrar ás máis pequenas", destacan desde o Arxil.
"Era a extensión de Maite na pista, e non dubidou en ningún momento de selo de Marita cando esta púxose á fronte", afirman.
Por todo iso vana a botar "moitísimo de menos tanto dentro como fóra da pista" porque a súa marcha "deixa un gran valeiro".