O Saraiba do Mar pode dicir con orgullo que é un dos máximos referentes do fútbol sala feminino base nacional tras proclamarse campión na categoría Sub-10 e subcampión en Sub-12 na fase final do Campionato de España celebrado esta fin de semana en Madrid.
O mero feito de pelexar polo título supón un enorme mérito para este club de Sanxenxo que tivo que proclamarse campión de Galicia en primeiro lugar para optar a disputar a máxima competición nacional.
Foi entón cando o Saraiba do Mar entrou na fase previa disputada a principios de xuño como representante galego e, ademais, como anfitrión, pois o Pavillón Municipal de Baltar albergou esta fase clasificatoria que se desenvolveu nun formato liguiña no que só o primeiro clasificado obtería o pase á fase final.
⚽️ 𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
— Futsal RFEF (
🤍💙 Gol de título. Gol de 𝗖𝗮𝗿𝗹𝗮 para Saraiba Do Mar
🆚 6-3 | 29'
📺 Sígueo tamén en 𝗬𝗼𝘂𝗧𝘂𝗯𝗲: https://t.co/hVbSHKy6PJ#FutsalRFEF pic.twitter.com/exndwjUQAo
Clubs como FSF Zaragoza, o Roldan FS ou o CD Espigueras Féminas encadráronse no grupo A da categoría Sub-10 que terminou co Saraiba no máis alto. Mesmo desenlace tivo o grupo C da idade Sub-12, pois as galegas se impuxeron ao CD Espigueras Féminas e ao Ramón y Cajal Féminas para clasificar á fase final.
E chegou a hora da verdade coas finais disputadas esta fin de semana en Las Rozas. As mozas do equipo Sub-10 arrincaron a competición cun sólido triunfo por 4-1 na semifinal disputada ante o CD Playas de Málaga.
Este triunfo meteunas na final polo título fronte a un dos clubs referentes no fútbol sala feminino como é o AD Alcorcón, que nada puido facer para evitar a vitoria por 6-3 dun Saraiba do Mar que se coroou como campión de España.
⚽️ 𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
— Futsal RFEF (
💥 Balóns á 🔟
🔥 𝗩𝗘𝗥𝗔
🆚 1-2 | 12'
📺 Sígueo tamén en 𝗬𝗼𝘂𝗧𝘂𝗯𝗲: https://t.co/hVbSHKy6PJ#FutsalRFEF pic.twitter.com/EifnomBTC3
Os mesmos pasos seguiu o equipo Sub-12 nunha plácida semifinal que finalizou con vitoria para as galegas por 3-0 fronte o EMD Villacañas. E aínda que non tiveron a mesma sorte nunha final na que caeron por 0-3 ante o Sant Joan Despí, poden presumir de ser nin máis nin menos que subcampioas de España da súa categoría.
Estes resultados falan do gran traballo formativo do Saraiba do Mar, que se mediu ás mellores canteiras do país nun Campionato de España que quedará para o recordo de todas as xogadoras do club.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.