Horarios burbulla e restrición de espazos, medidas do CGTD para o inicio do curso académico

Pontevedra
29 de agosto 2020

A dirección do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra atópase barallando varios escenarios para planificar o inicio do próximo curso académico. Despois de facer pública a lista dos solicitantes das bolsas, achégase o momento de tomar unha decisión sobre como se rexerá o Centro dadas as extraordinarias circunstancias sanitarias

Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD)
Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) / Diego Torrado

A dirección do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra atópase barallando varios escenarios para planificar o inicio do próximo curso académico.

Despois de facer pública a lista dos solicitantes das bolsas, achégase o momento de tomar unha decisión sobre como se rexerá o Centro dadas as extraordinarias circunstancias sanitarias. Por ese motivo, o director, Suso López, reunirase a semana que vén cos clubs e deportistas, para ver como se pode xestionar o ano.

Nun principio, a idea da dirección é facer probas PCR ao persoal e ao bolseiros cada vez que saian. "Desde que el Centro abrió en mayo no hubo ningún contagio ni inconveniente", "creemos que podemos abrir sin problemas", explicou o director. "También intentaremos que los deportistas no tengan ningún contacto con los no becados y la gente de fuera". Para iso procurarán "crear horarios burbuja y así evitar que coincidan con nadie más e intentar que los becados salgan lo menos posible".

Pola súa banda, con respecto aos clubs que acoden ao CGTD a adestrar, a dirección procurará que non haxa máis dun usando o Centro e así evitar que se solapen. "Alternaremos los días de entrenamiento y restringiremos los espacios para clubes concretos", asegura Suso López, desta maneira será máis sinxelo illar a un grupo no caso de que haxa algún contaxiado.

Por último, en canto ao comezo do curso, "iremos viendo cómo va todo", recoñece, "ahora estamos a expensas de lo que diga el Ministerio". A intención é manter ao alumnado separado, "meteremos un curso en cada piso para que no se intercambien, así estarán aislados entre secciones", rematou o director.