Inscrición aberta para o XXI Medio Maratón Cidade de Pontevedra

Pontevedra
14 de setembro 2016

Comeza a conta a atrás para unha das probas atléticas do ano na cidade, que se disputará nesta ocasión o domingo 16 de outubro. A organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, espera superar os 1.6000 participantes nunha edición que será ademais Campionato Galego da distancia

Participantes no XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra Diego Torrado

Comeza a conta a atrás para unha das probas atléticas do ano na cidade, o XXI Medio Maratón Cidade de Pontevedra, que se disputará nesta ocasión o domingo 16 de outubro.

A organización, a cargo da Sociedad Gimnástica e o Instituto Municipal de Deportes, abriu o período de inscrición co obxectivo de superar os 1.521 participantes da pasada edición chegar aos 1.600 deportistas, tendo en conta ademais o aliciente de que este ano ten o medio maratón ten a catalogación de Campionato Galego da distancia.

A proba recupera o final habitual no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que se variou hai un ano polas obras na pista de atletismo.

Os interesados en anotarse poden facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com cun custo de inscrición de 15 euros ata final de mes, cantidade que subirá en outubro aos 20 euros ata o fin do prazo, o día 11.

O XXI Medio Maratón Cidade de Pontevedra será ademais a última cita puntuable para o Circuíto de Carreiras Populares.