Javi Llorente continuará un ano máis no banco do Peixe Galego

Marín
18 de agosto 2023

O equipo marinense, que volverá competir en Liga EBA, aspira a repetir presenza no play-off de ascenso. O Peixe publicou ademais a súa nova campaña de abonados

Javi Llorente, nun partido do Peixe Galego en Copa Galicia Diego Torrado

O Marín Peixe Galego seguirá apostando un ano máis por Javi Llorente como capitán do barco do seu primeiro equipo, que volverá competir na Liga EBA.

O adestrador leonés leva xa a friorenta de 17 anos vinculado ao club, tendo conseguido lembrados éxitos como os ascensos a LEB Ouro, o título da Copa LEB Prata ou o subcampionato de España júnior.

Tras o seu regreso ao banco do Peixe, Llorente guiou o pasado curso o equipo ata a fase de ascenso, play-off que espera poder repetir na tempada que está a piques de comezar.

CAMPAÑA DE SOCIOS

Ademais de confirmar a renovación do seu técnico, o Peixe Galego publicou a súa nova campaña de socios, cun custo de 25 euros para as renovacións e pais e nais de xogadores, de 30 euros para novas altas e de 10 euros para os menores de entre 14 e 17 anos. 

O prezo dos abonos incrementarase en 5 euros a partir do 16 de setembro.