Jessica Bouzas xa é virtual Top100 a pesar da derrota na final do Open de Zaragoza

Pontevedra
14 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A vilagarciá Jéssica Bouzas acariñou este domingo o seu cuarto título do ano no Open de Zaragoza, onde caeu fronte á xaponesa Moyuka Uchijima por 6-1 e 6-2. Pese ao resultado na final, Bouzas realizou un torneo practicamente perfecto sen ceder nin un só set, con todo non puido poñer a guinda a unha semana na que logrou meterse no Top 100 do tenis feminino mundial

Jéssica Bouzas, no Master Mapfre de Tenis
Jéssica Bouzas, no Master Mapfre de Tenis / Real Federación Española de Tenis

A vilagarciá Jéssica Bouzas acariñou este domingo o seu cuarto título do ano no Open de Zaragoza, onde caeu fronte á xaponesa Moyuka Uchijima por 6-1 e 6-2.

Pese ao resultado na final, Bouzas realizou un torneo practicamente perfecto sen ceder nin un só set, con todo non puido poñer a guinda a unha semana na que logrou meterse no Top 100 do tenis feminino mundial.

A galega foi fiel ao seu estilo, pero Uchijima impúxose co seu potente primeiro saque e o seu xogo ofensivo para deixar sen opcións a Bouzas, que se viu superada en todo momento e cedeu un 6-1 no primeiro set en tan só 24 minutos de xogo. A final resolveuse en apenas unha hora.

A partir deste luns, Jessica Bouzas aparecerá por primeira vez no Top 100 do ranking WTA, concretamente no posto 90. A vilagarciá sobe desta forma 12 chanzos repecto ao posto 102 que ocupaba ata esta semana e que era a súa mellor posición na lista e queda a 28 puntos do corte actual pola clasificación para os Xogos Olímpicos de Paris 2024.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora