Quinta baixa confirmada no Poio Pescamar de cara á próxima tempada, e trátase dunha ausencia sensible.
Laura Uña non continuará na entidade conserveira poñendo fin a unha etapa de tres anos na Seca.
Un período no que foi a máxima goleadora do equipo en cada unha das campañas.
Só Chuli chegou a superala na última liga, pero non no global das competicións disputadas.
Uña pon fin á súa etapa no Poio Pescamar tendo defendido a camiseta vermella en 110 ocasións, con 87 titularidades e unha increible achega ofensiva con 68 goles e 23 asistencias, segundo datos da entidade.
O seu gran rendemento fíxoa ademais ser unha habitual neste tempo das convocatorias da Selección Española Absoluta.
"Deixa unha gran pegada na nosa entidade", asegura na súa despedida o Poio Pescamar.
Laura Uña únese desta forma á listaxe de baixas na que xa figuraban Rocío Molina, Elena Aragón, Sandra Buzón e Irene García.