O Leis abre o ano cunha nova goleada e afiánzase á fronte da táboa

Pontevedra
11 de xaneiro 2026

O conxunto pontevedrés, líder do Grupo 1 de Segunda División B, venceu con autoridade o Noia e amplía a nove puntos a súa vantaxe sobre o segundo clasificado

Partido entre Leis Pontevedra e Atlético Benavente

O Leis continúa vento en popa.

O conxunto pontevedrés logrou o seu primeiro triunfo do ano cunha contundente goleada ante o Noia por 6-3 e continúa co seu liderado no Grupo 1 de Segunda División B, acumulando 13 vitorias, un empate e só dúas derrotas.

Con este resultado, os pontevedreses afiánzanse no máis alto da clasificación, ampliando a súa renda ata nove puntos sobre O Esteo, segundo na táboa.

O partido comezou con dominio absoluto local. Apenas transcorrera un minuto cando Yeray Míguez abriu o marcador, adiantando o Leis na primeira acción ofensiva. Aos dez minutos, Aicardo asinou o 2-0.

O Noia reaccionou pouco despois cun tanto de Teo Gómez para recortar distancias, establecendo o 2-1 co que se chegou ao descanso.

Tras a continuación, o líder impuxo a súa pegada e ofreceu un auténtico recital goleador. Iván Domínguez fixo o 3-1 no minuto 24, e Said Lahmidi, no 28, ampliou a diferenza e Yeray transformou o 5-1 deixando o encontro practicamente sentenciado.

Aínda que o Noia respondeu de inmediato cun tanto de Nico Cuello (5-2), o Leis volveu golpear preto do final co 6-2 de Dani Álvarez, antes de que Óliver Chenel pechase o marcador co 6-3 definitivo.

Consulta a acta neste enlace