O Leis fai suar o Melistar da Segunda División pero se despide da Copa do Rei

Pontevedra
29 de outubro 2025
Actualizado: 7:29

O conxunto pontevedrés soñou coa xesta no partido disputado no pavillón de Monte Carrasco, poñendo contra as cordas a un Melistar que defendeu con uñas e dentes o 1-2 final

Santi Valladares, no partido de fase de ascenso a Segunda entre o Leis e o Albense

A un paso da xesta, de eliminar a un equipo da Segunda División, quedou o Stellae Leis Pontevedra na terceira rolda da Copa do Rei.

O equipo pontevedrés recibía este martes no pavillón de Monte Carrasco o CD Melistar de Melilla, adestrado por certo por un técnico que lle dirixiu na máxima categoría fai xa 15 anos, Tomás de Dios.

Os xogadores dirixidos por Santi Valladares saltaron á pista sen complexos, e froito desa desenvoltura adiantáronse no minuto 5 cun gol de Yeray.

Ruchdi con todo facía as táboas antes do descanso nun duelo de tremenda igualdade.

Xa no segundo tempo, no minuto 28, Wallace puña o 1-2 para os visitantes.

Desde ese momento o Leis lanzouse a pola igualada, e só o porteiro visitante Moha Esqueta evitou un tanto co que se tería forzado a prórroga.

O Leis, invicto aínda na liga e líder do seu grupo na Segunda B, caeu desta forma coa cabeza alta nunha Copa á que espera regresar a próxima tempada con enerxías renovadas.

De volta á competición regular, os pontevedreses afrontarán esta semana unha saída á pista da Sala Zamora, o domingo 2 de novembro ás 12.00 horas.