O Club Baloncesto Arxil atópase inmerso na planificación da próxima tempada. A primeira baixa confirmada polo conxunto pontevedrés é a da alero sueca Linnea Rosendal, que foi unha peza fundamental para Mayte Méndez durante a última campaña.
A xogadora disputou 21 partidos cunha media de 8 puntos e 25 minutos por encontro.
Desde a directiva do conxunto lerezano agradecen a achega ao equipo da xogadora nórdica para lograr a permanencia e deséxanlle sorte na súa carreira deportiva