Longa lista de baixas nos equipos da Gimnástica para afrontar unha nova tempada

Pontevedra
04 de novembro 2016

O club pontevedrés afronta unha importante renovación especialmente no seu equipo masculino, que competirá por undécimo ano consecutivo en División de Honra. Entre a lista de baixas destaca a do seu capitán, Martín Brea, que abandona a Gimnástica despois de 14 anos

Martín Brea, nunha competición coa Gimnástica

A Sociedad Gimnástica ultima estes días a composición dos seus equipos absolutos, que afrontarán durante 2017 unha ilusionante tempada.

Despois do seu sobresaliente oitavo posto a pasada campaña na División de Honra masculina, o club pontevedrés afronta unha importante renovación no seu equipo co obxectivo de dar continuidade a ese resultado.

Mentres non se concretan todas as fichaxes destaca entre as baixas unha por encima do resto, a do seu capitán Martín Brea, que tras 14 anos defendendo a elástica pontevedresa e dándolle puntos decisivos no lanzamento de disco decidiu emprender un novo proxecto no Club Atletismo Santiago.

Nas probas de fondo é onde se producen máis cambios, coa marcha de Robertas Geralavicius, David Martínez, o triatleta Antonio Serrat, Cristian Lorenzo, Óscar Cavi e Marcos Fernández. Outra baixa importante é a de Álex Flórez en marcha, modalidade na que tamén se despiden Manuel Treus e David Jiménez.

Pola súa banda nos 400 metros deixan a entidade José Márquez, Alfonso Pérez e Laureano Martínez, que participaba en valos e en xavelina. Por último en saltos a Gimnástica di adeus ao pertiguista Enric Obiol, que reforzará esta tempada o plantel do UA Montsià, e ao triplista Francisco Javier Rodríguez.

Tamén haberá baixas, aínda que menos, no equipo feminino que esta tempada disputará a Primeira División, tras o ascenso do pasado verán en Cáceres. Neste caso destacan as ausencias da fondista Rocío Rodríguez e doutras compañeiras como Genifer Zenko, Mercedes Baltar, Paula Santos e María Ortega.