Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Uxía Ogea soben ao podio no Open de Bélxica de taekwondo

Pontevedra
21 de marzo 2016

Bo papel do taekwondo pontevedrés no Open de Bélxica de categoría G-1 celebrado durante a fin de semana na localidade de Bruxelas

Uxía Ogea (centro) tras gañar o ouro no Open de Bélxica
Uxía Ogea (centro) tras gañar o ouro no Open de Bélxica / Federación Galega de Taekwondo

Bo papel do taekwondo pontevedrés no Open de Bélxica celebrado durante a fin de semana en Bruxelas. Tratábase dunha proba de categoría G-1 que repartía puntos para o ránking mundial, contando coa participación de 1.300 deportistas na modalidade de combate.

En categoría senior dúas foron as medallas pontevedresas, ambas as na mesma categoría de -67 quilos grazas a Lúa Piñeiro (Natural Sport) e Katya Calvar (Mat's de Marín), prata e bronce respectivamente.

Katya enfrontouse inicialmente á rusa Darya Ishchenko (5-1), para posteriormente competir coa galega Ainhoa Ramos, á que superou, e á outra pontevedresa, a caldense Lúa Piñeiro, coa que perdeu no punto de ouro tras unapretado combate que terminou con empate (1-1).

Lúa, que antes gañara á alemá Tamara Gakovic e a Bodine Schoenmakers, cedeu na final ante a cabeza de serie número uno, Anastasya Baryshnikova por un tenteo de 6-2.

A terceira medalla foi para Uxía Ogea (Mace Sport) en categoría junior. A deportista pontevedresa colgouse o ouro en -55 quilos tras vencer á representante francesa por 11-6 e avanzar á final polo abandono da representante alemá. Xa no combate definitivo Uxía impúxose cun K.O. de 'dollyo' a outra das deportistas alemás.