A Sociedade Deportiva Teucro chega ao ecuador da súa pretempada e faino, segundo o seu adestrador, con sensacións positivas.
O club azul presentou este venres de maneira oficial a todo o seu corpo técnico, encabezado por primeira vez por un Luís Montes que cre que "el grupo está funcionando bien" e, o que é moi importante, "los nuevos se están adapatando muy rápido".
Iván Fernández é o único dos homes do primeiro plantel que adestra a menor ritmo ao estar na fase final de recuperación dunha lesión de xeonllo, ao que se une a ausencia de Domingo Luis pola súa participación no Europeo Xuvenil. O resto continúan coa súa preparación "incidiendo mucho en la parte física y en ir interiorizando el modelo de juego", sinalou o preparador pontevedrés.
A próxima cita para seguir mellorando a posta a punto será este mesmo sábado (20:00 horas) no Municipal contra o ABC Braga portugués.
Acompañan esta tempada a Luís Montes no corpo técnico Adrián Méndez como segundo adestrador, Toño Puga (preparador físico), Javier Martín (fisioterapeuta), Miguel Pérez (masaxista) e Javier Domínguez (delegado).