O Arosa puxo velocidade de cruceiro na planificación da próxima tempada, avanzando a gran ritmo nas renovacións e tamén coas súas primeiras fichaxes.
En relación ás incorporacións, o primeiro en chegar foi o centrocampista vigués Diego Diz, con experiencia de dúas campañas na Segunda B no Rápido de Bouzas e que procede do AC Oulu de Finlandia.
A el engadiuse este luns Luís Miguel Rincón 'Luismi', atacante que acompaña a Jorge Otero desde o Alondras, ao que defendeu as dúas últimas campañas. No curso recentemente finalizado fíxoo ademais cunha importante cifra de 11 goles anotados, o seu mellor rexistro en Terceira tras pasar anteriormente por equipos como o Pontevedra Club de Fútbol, o Avilés, Cultural Areas ou o Cacereño.
Trátase do sexto futbolista confirmado nos de Vilagarcía, xa que ao propio Luismi e a Diego Diz únense por agora os renovados Jorge Fajardo, Ross, Julio Rey e Sidibé.
Pola súa banda ata a data o Arousa confirmou as baixas de Adrián Gómez, Javi Otero, Kilian, Joel Sanabria e Pablo Pillado.