María González defenderá as cores do Arxil unha tempada máis

Pontevedra
03 de xullo 2015

A aleiro viguesa é a terceira xogadora que renova co club verde, polo que cumprirá o seu terceiro ano ás ordes de Mayte Méndez

Acción de ataque de María González Centeno no partido entre Arxil e Universidad de Valladolid Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil garantiuse a continuidade de María González polo menos por unha tempada máis.

A aleiro viguesa únese así a Ana Román e María Lago na nómina de xogadoras confirmadas no club verde para o próximo curso.

María, que chegou ao Arxil procedente do Celta de Vigo, cumprirá así a súa terceira tempada na disciplina pontevedresa, despois de convencer co seu traballo ao corpo técnico dirixido por Mayte Méndez.

Ademais de seguir pendente da renovación de boa parte do equipo, a coordinación deportiva da entidade pontevedresa traballa na incorporación de dúas fichaxes de nivel que cubran o oco deixado por Fallon Lewis e tamén, aínda que aínda non sexa oficial a súa marcha, de Maimouna Diarrá, cuxa continuidade a día de hoxe é complicada.