O Campionato de Europa de Natación de Glasgow en Piscina Corta chegou ao seu fin. Este domingo celebrouse a última xornada na que volveu competir Bea Gómez.
A deportista do Galaico volvía á piscina de Glasgow para pechar o campionato e finalizar no posto 24 na proba de 400 libres cun tempo de 4.10.28.
Despois de rebaixar a súa marca nos 200 estilos do Nacional e de chegar en decimotercer posto nas series de 400 estilos, Bea Gómez continúa coa súa preparación para o Open de Primavera no que tentará facer a mínima para os Xogos Olímpicos de Tokio.
Pola súa banda, María Vilas viaxou a Brasil para disputar o Río Negro Challenge, proba de Augas Abertas na que participaron algunhas das mellores nadadoras de Brasil, Francia, Perú, Portugal e España.
María formou parte do Equipo Nacional de Augas Abertas e logrou o terceiro posto (primeira española) despois de realizar os 8,5 quilómetros da proba.