Marín, orgullosa dos seus taekwondistas

Marín
17 de agosto 2017

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, ofreceron este xoves unha recepción oficial aos deportistas do Mat's que máis destacaron na última tempada, con Pablo Fernández e Katya Calvar á cabeza

Recepción a deportistas do Mat's no Concello de Marín Concello de Marín

O taekwondo é un deporte importante en Marín. Así se encargan de demostralo ano tras ano os deportistas do Mat's que compiten, con éxito, a nivel nacional e internacional.

Por ese motivo a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, ofreceron este xoves unha recepción oficial a varios deportistas do club polos seus resultados ao longo da tempada.

Alí estaban como máximos expoñentes do taekwondo local Pablo Fernández e Katya Calvar, ambos os bolseiros nos centros de alto rendemento de Madrid e Barcelona respectivamente e que defenderon o pavillón marinense en probas como o Campionato do Mundo en Corea do Sur, no caso de Pablo, ou no Grand Prix de Rusia no caso de Katya.

Xunto a eles acudiron á recepción dúas das grandes promesas do club como son Arlet Ortiz e Iván García, ademais do seu director técnico, Ángel Torres. Arlet proclamouse este ano campioa de España junior, mentres Iván logrou a prata no nacional absoluto.

Os catro son a mostra de que o futuro do taekwondo en Marín está asegurado.