Arlet Ortiz faise co ouro no Open de Polonia de taekwondo

Marín
17 de setembro 2017

A deportista do Mat's de Marín realizou unha competición inmaculada na categoría junior do Open e segue dando mostras da súa gran progresión

Ainhoa García e Arlet Ortiz posan coas medallas conseguidas no Open de Polonia
Ainhoa García e Arlet Ortiz posan coas medallas conseguidas no Open de Polonia / Federación Galega de Taekwondo

A marinense Arlet Ortiz segue dando mostras da súa progresión xa non só a nivel nacional, senón tamén internacional.

A deportista do Mat's conseguiu a medalla de ouro no Open de Polonia de taekwondo na categoría junior despois dun concurso inmaculado.

Arlet (-52 quilos) superou no seu primeiro combate á israelí Yully Semory por un contundente 22-5. En cuartos de final volveuse cruzar contra unha deportista de Israel, Michaela Kubikova, á que venceu nun apertado enfrontamento (10-8) para avanzar á semifinal, onde se atopou á croata Viktorija Benednik mostrándose superior en todo momento (17-3).

Xa na pelexa polo título, a rival foi a grega Anna Giakoumopoulou, á que dobregou por un tenteo de 13-8 ao seu favor.

Non tivo tanta fortuna no seu concurso o pontevedrés Javier González (Mace Sport), que superou o seu primeiro combate pero vayó no segundo, ante o polaco Mikolaj Wojcik.

A Selección Galega sumou outra medalla en Polonia, a de ouro conseguida pola ourensá Ainhoa García na categoría cadete.