Noite para o recordo do deporte marinense.
O novo auditorio acolleu este mércores 17 de xuño a recuperada Gala do Deporte nunha "noite moi especial", tal e como a cualificou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.
O acto, conducido polo xornalista Terio Carreira e amenizado musicalmente por Sonsgalia, recoñeceu o potencial e telanto do deporte marinense.
"O deporte non son só medallas. Non son só podios nin clasificacións. Detrás de cada éxito hai moitas horas de traballo, sacrificio, ilusión, renuncias e tamén moitas persoas que acompañan ese camiño", defendeu o edil de Deportes.
Un evento que pretende ser unha "festa ao esforzo, ao compañerismo e á paixón polo deporte", engadiu pola súa banda no seu discurso a alcaldesa, María Ramallo.
Os taekwondistas Iván García e Arlet Ortiz recibiron os premios a mellores deportistas do ano polos seus grandes recultados a nivel internacional, pero non foron os únicos distinguidos.
Este é a listaxe completa de premiados na Gala do Deporte de Marín 2026:
Mellor deportista masculino: Iván García Martínez (Club Mat's Taekwondo)
Mellor deportista feminina: Arlet Ortiz (Club Mat's Taekwondo)
Mellor deportista de base masculino: Xián Gutiérrez Dopazo (Remo Ría de Marín)
Mellor deportista de base feminina: Ángela Balado Conde (Club Mat's Taekwondo)
Mellor deportista veterana: Pilar Vázquez Bouzas (Remo Ría de Marín)
Premio á inclusividade: Paula García Vázquez (Remo Ría de Marín)
Mellor adestrador: Emilio Gutiérrez Jalda (Remo Ría de Marín)
Mellor Club: CD La Peña
Patrocinio: SEI San Narciso
Mellor evento deportivo: Open Vila de Marín de Boxeo
Premio ao deporte con valores: Raquel Carragal Da Costa
Premio á promoción do deporte basee: Marín Peixe Galego
Premio ao voluntariado deportivo: Carreira Pinga Pinga
Mención especial: Asociación Cultural e Deportiva Gharaboto