Na busca de 100.000 euros para poder competir en Asobal

Pontevedra
05 de maio 2015

É a cantidade na que o club fixa o aumento de gastos derivado do salto de categoría, elevando en preto de 10.000 euros as estimacións iniciais. A directiva traballa en definir "antes del mes de julio" os apoios cos que contará o próximo ano co obxectivo de asegurar o presuposto e non compormeter o futuro da entidade

Xunta directiva da SD Teucro PontevedraViva

Sen tempo case nin para gozar coas celebracións polo ascenso, a directiva do Teucro continúa traballando na busca de apoios para poder competir na Liga Asobal.

O traballo iniciado hai dous meses intensifícase agora para "que antes de julio tener definidos los apoyos económicos que vamos a tener".

A previsión que manexa o club azul é que o capítulo de gastos se incremente en aproximadamente 100.000 euros por competir na máxima categoría, superando en 10.000 euros as estimacións iniciais, debido ao cánon que haberá que aboar a Asobal, as arbitraxes ou o custo da Seguridade Social, ademais de aumentar en 20.000 euros o diñeiro destinado á confección do plantel.

Por ese motivo, e coa idea de non comprometer a estabilidade económica que tanto custou recuperar, nos próximos días e semanas sucederanse os contactos e reunións con posibles patrocinadores.

"No se trata de cuantías extraordinarias, de un patrocinador de 100.000 euros, pero sí conseguir tres, cuatro o cinco empresas que nos apoyen", explica o presidente Carlos García-Alén.

O Teucro conta ademais cun incremento das axudas públicas de Concello, Deputación e Xunta co ascenso á máxima categoría, e espera "que los últimos apoyos, con 2.500 personas en la grada del Municipal", se traduza nun aumento da masa social.

Neste aspecto o dirixente azul confía en que se eleve considerablemente o número de socios de cara á próxima tempada, na que o vicedecano do balonmán nacional regresará á elite tras seis anos de ausencia.