Non eran elfos, pero coma se o fosen.
Cinco futbolistas do Pontevedra Club de Fútbol exerceron diso polo menos nunha visita moi especial ao Hospital Provincial.
Miguel Cuesta, Edu Sousa, Miki Bosch, Yelko Pino e Tiago Rodríguez foron os integrantes do primeiro plantel pontevedrés que este mércores visitaron a área de peaditría do hospital.
Alí puideron coñecer e compartir experiencias cos nenos e nenas que pasan estes días ingresados no centro hospitalario.
Unha visita coa que sacar un sorriso de prenadal aos pequenos, que foron obsequiados con bufandas do Pontevedra CF e tamén con pinturas granates.
A delegación futboleira estivo acompañada na súa visita por responsables da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés ademais de por profesionais do servizo de pediatría.