O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B

O Salnés
30 de maio 2020

O ascenso a Segunda B está a un paso, e para celebrar a cita tan importante, os xogadores do Arosa lucirán camisetas novas con dorsal fixo e o nome correspondente de cada un durante os partidos de play-off. Ademais, poderanse adquirir desde o 1 de xuño ata o 10 de xuño contactando co club

Amigable entre Arosa y Pontevedra na Lomba Diego Torrado

O ascenso a Segunda B está a un paso, e para celebrar a cita tan importante, os xogadores do Arosa lucirán camisetas novas con dorsal fixo e o nome correspondente de cada un durante os partidos de play-off.

Os xogadores que disputarán o ascenso cos seus respectivos dorsais serán: Manu Táboas (1), Adrián (2), Cotilla (3), Iago Mtnz (4), Pacheco (5), Suso M. (6), Javi Otero (7), M. Rodríguez (8), Beda (9), Julio Rey (10), Jorge Sáez (11), M. Diestre (13), A. Trapero (14), R. Mariñán (17), Sidi (18), Mon Glez (20), Rober (21), J. Fontán (22), Pedro García (23), J. Sanabria (24), Sergio Catú (25) e os xuvenís Antón Durán e Pablo Rial.

Ademais, estas camisetas poderanse adquirir desde o 1 de xuño ata o 10 de xuño contactando directamente co club.

 Pola súa banda, os de Rafa Sáez retomarán os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba, e agardan coñecer a sede na que disputará os partidos de play-off o vindeiro luns durante a reunión que terán os 4 equipos co presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Desta maneira, o Arosa irase mentalizando para a fase de ascenso que terá o seu primeiro partido, se a pandemia permíteo, o 18 ou 19 de xullo ante o Ourense CF e cuxa final se xogará o 25 de xullo ante o vencedor do Compostela-Barco.