O Arxil convoca eleccións á presidencia do club

Pontevedra
14 de novembro 2023

A entidade pontevedresa convocou unha asemblea de socios extraordinaria para iniciar o proceso electoral para a renovación da súa presidencia, esgotado o actual mandato de Milagros Sanmartín

Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018

Esgotado o mandato iniciado en 2019, o Club Baloncesto Arxil inicia o proceso para convocar eleccións á presidencia da entidade.

O club pontevedrés ten previsto iniciar o proceso nunha asemblea de socios extraordinaria convocada o príximo luns 27 de novembro (20.15 horas en primeira convocatoria) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A última vez que se abriu o proceso presentouse unha única candidatura, a da actual presidenta Milagros Sanmartín.

Antes da reunión extraordinaria está previsto tamén celebrar unha asemblea de socios ordinaria na que se presentará un informa económico do club, presentarase para a súa aprobación do orzamento da tempada 23-24 e tamén se dará conta dun informe deportivo sobre o estado da entidade.

A reunión ordinaria fixouse o mesmo 27 de novembro ás 19.00 horas.