Traballado triunfo do Arxil ante o Magec Tías (61-70)

Pontevedra
26 de novembro 2023

O equipo adestrado por Mayte Méndez, foi moito mellor en todas as facetas do xogo, destacando especialmente Liste con doce puntos e doce rebotes, Andrea Glomazic con outros doce tantos, e a norteamericana Forster con once puntos

Partido entre CB Arxil e Maristas Coruña no CTGD
Partido entre CB Arxil e Maristas Coruña no CTGD /

O Club Baloncesto Arxil logrou este sábado unha vitoria moi traballada ante o Magec Tías de Lanzarote por un axustado 61-70.

Con Heather Forster e Nerea Liste liderando os rebotes, o cadro local tivo serios problemas en ataque e foi incapaz de combater a defensa arxilista.

E aínda que non mostrou a súa mellor versión o equipo adestrado por Mayte Méndez, foi moito mellor en todas as facetas do xogo, destacando especialmente Liste con doce puntos e doce rebotes, Andrea Glomazic con outros doce tantos, e a norteamericana Forster con once puntos.

O Arxil levou tres dos catro parciais (14/17-16/20-17/16-14/17) e, aínda que a diferenza en cada un deles foi mínima, bastou para que as de Pontevedra levasen a vitoria por 61-70.

O seguinte encontro do equipo pontevedrés será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 19:30 no CGTD ante o Adba Sanfer.

Consulta as estatísticas nesta ligazón